A guerra en Siria

A guerra civil siria é un conflito bélico iniciado a comezos de 2011 e que segue presente na Siria de hoxe. Ao principio, enfrontáronse as Forzas Armadas locais contra a oposición siria, a cal está formada por varios grupos, entre os que destacan o Exército Libre Sirio (2011) e a Fronte Islámica (2013). Despois, os "rebeldes" uníronse aos xihadistas do EI (Estado Islámico), o que lles permitiu a estes últimos invadir numerosas extensións do país.

Os diferentes bandos contan co apoio de potencias estranxeiras: o goberno ten o apoio de Rusia, República Islámica de Irán e Hezbolá e a oposición siria de EEUU, Turquía, Arabia Saudita e outros países occidentais e do golfo Pérsico. 

O OSDH (Observatorio Sirio para os Dereitos Humanos) estimou, a finais de 2016, que a cifra de mortos, tanto civís como combatentes, era de entre 312 000 e 437 363.

A causa desta terrible guerra, millóns de persoas teñen que fuxir dos seus fogares para non perder a vida e moitos son menores de idade. Os países con maior taxa de refuxiados son Xordania, Líbano e Turquía, aínda que Iraq e Exipto tamén acollen un gran número.

Resultado de imaxes para batalla siria edificios derrumbados